7.10.15

EDITORIAIS CANTONEIRAS E MÁIS PISTAS SOBRE O PDI.

Ola a todxs, mozos e mozas!

Cómo vos vai?


Dende a biblioteca queremos facer un par de avisos para que estedes enterados das últimas novas. 

Primeiro que nada, contarvos que xa estades a desfrutar da labor feita o ano pasado dende "Editoriais Cartoneiras". Trátase dos libros que están nos pasillos do cole. Sabede que podedes facer uso deles na hora de ler ou no momento que desexedes, sempre que os coidedes e deixedes ordeados no mesmo lugar ode se atopan. Nós, Ratiño e Ratiña, xa comprobamos que algúns de vós estades enganchados aos novos libros de moda no CEIP Mestre Martínez!! :)




Esperamos que disfrutedes deste material inédito e inigualable!

Deixámosvos estas imaxes dos pasillos do cole para que localicedes estes tesouros de papel.





E ademais, unha nova que vos vai facer botar fume pola orellas!!! 


Na biblio temos unha sección de libros NOVOS coa temática do Proxeto Documental Integrado deste ano!!!! Soamente vos tedes que pasar pola biblio para averiguar de que se trata!!! Eiquí vos deixamos unha foto tamén!


Que será, será?...

Ata pronto, amiguiñxs!!!  ;)

Sem comentários: