3.12.10

LIBROS SOBRE PLANTAS



















Temos preparada na biblioteca unha exposición con libros sobre plantas.


Ratiño e Ratiña de biblioteca deixaron en cada aula unha planta de regalo cunha invitación para achegarse á biblioteca.
Con todo o que ides aprender nos libros seguro que non tendes problema para coidar e conseguir que a vosa planta medre.


Tamén elaboramos un vídeo cunha pequena explicación sobre os libros que seleccionamos para a exposición. Prestade atención ao video e a canción da "Nena botánica".
Aquí tendes a letra para ler e cantar.

"NENA BOTÁNICA"

EU TEÑO UN VIVEIRO CHEIÑO DE PALANTAS, FLORES AMARELAS, VERMELLAS E BRANCAS. TEÑO PENSAMENTOS, PAPOULAS E ROSAS, RAÍÑOS DE SOL QUE XOGAN NA PORTA.

PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA…

PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA…

E TEÑO UN CARDÍN QUE CHEIRA A XASMÍN, ONDE COLLO EU TAMÉN COLLES TI. TEÑO MOITAS FONTES E DÚAS LAGOAS ONDE POLAS NOITES AS RANCIÑAS CROAN.

PORQUE SON BOTÁNICA, , BIOORGÁNICA, SON MÁXICA…

PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA…

(Recillida no libro "A nena e o grilo" Ed: OQO)




Sem comentários: