21.12.10

A NOSA CARTA DE NADAL

Mos, 21 de decembro de 2010

Queridos Reis Magos, Papá Noel, Apalpador e outros personaxes encargados de traer os regalos aos nenos e nenas no nadal,
Escribo esta carta para contarvos que son un verdadeiro ratiño de biblioteca así que acertardes de seguro se neste nadal axudades a aumentar a miña biblioteca particular. Que vos parecen as seguintes suxerencias:
Un conto de piratas, de princesas, de bruxas... Ou un libro de animais, do espazo, do fondo mariño, do corpo humano, de plantas... Ou unha película de misterio, de amizade, de aventuras... Ou un disco de cancións de nadal, de cancións para nenos, de música clásica, de músicas de outros países... Ou un documental que fale da vida nos mares, das viaxes espaciais, das viaxes das aves...
Un xogo de ordenador que nos divirta e nos faga pensar...
Tal vez consigades que papá, mamá ou algún familiar amable me leve de visita á biblioteca municipal de Mos, de Porriño ou de Redondela. Seguro que o pasamos moi ben toda a familia na biblioteca.
Despídome xa, agardando que me concedades o que vos pido ademais de todos os xoguetes que vos collan no saco!
Asinado: Ratiñ@ de Biblioteca


PD: Esquecía decirvos que este ano me portei fenomenal, tédeo en conta!

Sem comentários: