CARTA DUN RATO DE BIBLIOTECA


Hoxe mércores 17 de outubro os nenos do colexio Mestre Martínez Alonso recibiron unha enorme carta por correo URXENTE.

Foi unha grande sorpresa...escribiunos un rato de biblioteca que despois de andar polo mundo adiante visitando bibliotecas doutros colexios decidiu quedarse a vivir con nós.
Aínda non o coñecemos en persona pero dentro da carta había fotos que demostraban que ese misterioso rato estivera na nosa escola. Subiu polas estanterías,leu o libro dos tres porquiños,o libro de mamacabra,os dos pequechos.
En fin, ese rato estivera na nosa escola e ninguén se dera conta.
Pero o máis sorprendente é que nos advirte nesta misiva de que vai volver, e non só de visita senón a quedarse a vivir definitivamente na nosa biblioteca.
Seguiremos informando do misterioso rato de biblioteca que procedente do lugar de BIBLIOTEQUIX pretende instalarse na nosa biblioteca para sempre.