2.10.07

¡CONTAMOS MOITO!...(PAIS E NAIS DE E.I.)




Aproveitando a primeira reunión informativa cos pais e nais de infantil entregáronse os materiais de animación á lectura "¡CONTAMOS MOITO!" e tratouse de implicar ás familias na necesidade de crear e consolidar o hábito lector nos nenos e nenas desde pequeniños.




  • os materiais serán presentados na casa polos pais e nais aos seus fillos.


  • serán traballados ao longo do curso na escola.


  • invitouse aos pais/nais a pasarse pola biblioteca do cole en compañía dos seus fillos de vez en cando para ler,xogar ou realizar préstamos.


  • tamén propuxemos visitar a biblioteca municipal como unha actividade familiar máis para facer de cando en vez.