Publicacións

ESPAZO CREATIVO

Imaxe
Presentamos o novo espazo da biblioteca, o noso ESPAZO CREATIVO, pois as bibliotecas deben ser cada vez máis inclusivas, que den respostas as necesidades de todos/as en canto a accesibilidade, recursos dispoñibles, equipamentos e actividades propostas. Unha biblioteca en evolución cara a un "centro creativo de aprendizaxes" , ca cal a través deste novo espazo pretendemos a expresión en toda a súa amplitude e a participación activa en prácticas de traballo  colaborativo e enriquecedor. Así, en canto ao material contamos con mesa de luz e diversos accesorios para traballar nela, o espello de experimentación, o robot Cubetto e diversos elementos de construción e creación.

BIBLIOPATIO

Imaxe
Calquera espazo e momento é bo para una boa lectura, só ou en compañía.  Unha das imaxes que nos deixa un venres coa nosa Bibliopatio.

NOVIDADES FEBREIRO

Imaxe

LENDO EN PAZ

Imaxe
Esta é a exposición temática de libros e contos relacionados co Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro), relacionado co lema "Esperta! Un mundo pola Paz". "Non hay obstáculos imposibles; hai vontades máis fortes e máis febles. Iso é todo" Xulio Verne

RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL.

Recomendacións Nadal 2019-20 by bibliotecamestremartinezalo... on Scribd DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESEXÁMOSVOS MOI BOAS LECTURAS DE NADAL!

VISITAS CON EXPERIENCIAS

Imaxe
Tivemos unha visita especial, acompañounos Franco Cobas, pai da nosa profe de E.F., Susana, para compartir a súa experiencia tras a súa participación nas Olimpiadas de Roma no ano 1960, na categoría de remo. Así, compartiu no espazo da biblio un tempo co alumnado de 1º e 2º falando sobre esta experiencia en primeira persoa, sobre os aros olímpicos, o acendido da antorcha, os xogos na antigüedade... O seu equipo quedou de número 13 dos 31 países participantes!. Tamén nos falou sobre a súa función de xuiz nos propios xogos de Barcelona 92 e nos de Atenas. Grazas Franco, por visitarnos e deixarnos esta aprendizaxe insuperable aos teus 80 anos!

NOVIDADES DECEMBRO

Imaxe