ESPAZO CREATIVO

Presentamos o novo espazo da biblioteca, o noso ESPAZO CREATIVO, pois as bibliotecas deben ser cada vez máis inclusivas, que den respostas as necesidades de todos/as en canto a accesibilidade, recursos dispoñibles, equipamentos e actividades propostas.

Unha biblioteca en evolución cara a un "centro creativo de aprendizaxes", ca cal a través deste novo espazo pretendemos a expresión en toda a súa amplitude e a participación activa en prácticas de traballo colaborativo e enriquecedor.

Así, en canto ao material contamos con mesa de luz e diversos accesorios para traballar nela, o espello de experimentación, o robot Cubetto e diversos elementos de construción e creación.












Comentarios