M A I O , M E S D A S L E T R A S " E S T A L I N G U A N O N Q U E R E V I V I R N A F A V E L A " Esta lingua non quere vivir na favela porque é lingua, lume, lanterna e faro que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós. Esta lingua non quere ser suburbio porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos na parte de atrás incluso no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian á nosa tribo. Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña porque está feita a man cos alicerces mansos da xente boa na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos as mesmas feras que agora volven famentas de vinganza dende o máis escuro das súas escuras covas. Esta lingua quere ser música acubillo, calma mol, circunstancia feliz. Poderedes metela na favela condeala ao suburbio obrigala a residir nunha cidade estraña. Tanto ten. Ela foi. Ela é. Ela será (Francisco Castro)