LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO.

Co gallo do Día das Letras Galegas, o centro encheuse de palabras, creación e lingua compartida arredor da figura de Begoña Caamaño, homenaxeada de este ano.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxéronse en marcha diferentes propostas nas que o alumnado participou activamente, achegándose á autora dunha maneira creativa e significativa. Cada aula recibiu moedas simbólicas acompañadas de frases e palabras vinculadas ao universo de Begoña Caamaño, que o alumnado decorou e completou para crear, entre todas e todos, unha gran rede de “tesouros” construída con palabras, pensamento e lingua galega.

O acto completouse cunha pequena exposición realizada por alumnado de sexto, achegando á comunidade educativa a vida e obra da autora.





Desde a biblioteca escolar sumámonos tamén a esta celebración cunha selección de novidades en galego e cun espazo expositivo dedicado á homenaxeada, dando visibilidade ás súas obras e reforzando o valor da lectura en lingua galega como ferramenta de identidade, memoria e creación.


Comentarios