HORA DE LER

 A hora de ler constitúe unha rutina moi establecida no noso centro, onde dentro do horario lectivo dispoñemos dun momento diario adicado ao fomento da lectura, actualmente de 25 minutos.


Cadaquén pode elixir o formato e contido de cada lectura, como pode ser: escoita activa de contos contados polos mestres/as ou polos propios alumnxs, lecturas proxectadas, lecturas comúns ou tamén lectura libre individual. 






Tras as lecturas, lévanse a cabo actividades de distintos tipos que pretenden a comprensión e a reflexión, así como o fomento do pensamento e a creatividade. 
Moitos anímanse a facer libriños de aula, compartindo posteriormente momentos de lectura vendo as súas propias creacións.


Ademais, todas as aulas contan cunha hora semanal fixa no horario da biblioteca para dispoñer dela e facer tamén actividades de fomento á lectura, lecturas libres e/ou préstamo de fondos.




Bravo pequenxs, grandes lectorxs!!


Comentarios