ESCOLA DE FAMILIAS EducANDO 2.0

 



O pasado mes de Xaneiro iniciamos a nosa Escola de Familias nunha nova versión telemática, EducANDO 2.0. 

En colaboración co CFR de Vigo, levaranse a cabo unha serie de charlas educativas dirixidas ás familias (ainda que tamén en aberto para toda a comunidade educativa interesada) co obxectivo de formarnos e educar xuntxs.

A primeira das charlas para educar en tribo foi: "Coñezo o meu colexio?", onde, impartido por diferentes docentes do centro, explicouse o noso ideario de centro así como os diversos programas e proxectos levados a cabo, entre eles, o noso proxecto de biblioteca e o desenvolvemento das nosas actividades, dentro da iniciativa Plambe.

Deixamos a presentación da biblioteca na charla de inauguración desta Escola de Familias.





Outra das charlas foi da man de Sabela Gago sobre "Animación á lectura", co obxectivo de coñecer diferentes estratexias educativas para facer lectores/as no seo familiar.





Comentarios