MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis, as mochilas viaxeiras botaron a andar polas casas de todas as aulas o pasado trimestre, cheas de recursos diversos e inclusivos, cun prazo máximo dunha semana.

Na etapa de Educación Primaria, as mochilas levan os seguintes recursos bibliográficos: educación emocional, narrativa nos diferentes idiomas (galego, castelán e inglés) e cómic.

Na etapa de Educación Infantil, conteñen contos das seguintes seccións: valores e/ou educación emocional e narrativa (nos diferentes idiomas).

Como novidade este curso, no contido das mesmas ofrécese unha proposta artística extraída do libro "Dibuja, pinta e imprime como los grandes artistas", que está tendo moito éxito.


Agardamos que estedes gozando en familia con elas, e recordade respectar os prazos para que todxs teñades as mesmas oportunidades de gozo e lecturas.
















Comentarios