LETRAS GALEGAS 2020

Nesta semana (11-15 de maio) conmemoramos a Semana das Letras Galegas, e cada 17 de maio, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.




Neste inusual mes de maio, a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero,  asómase á xanela sabendo que os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia.

Queredes coñecelo mellor? pois para saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa lingua, da súa poesía e teatro... prema na seguinte imaxe e accede a todo o seu contido. Podes imprimir documentos para facelos, acceder a eles en liña... só tes que elixir as axeitadas para a túa idade:




E ainda que non podemos celebrar esta data tan sinalada no cole, non impedirá que podamos gozar con contos:

Prema na imaxe para acceder á lectura do conto de "Os bolechas, as miñas primeiras letras galegas" ou mediante o seguinte enlace: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero


Coa música:




E mesmo con xogos, converténdoos en auténticxs detectives para resolver enigmas, a través dos  seguintes "scape rooms", nos que aprenderedes máis sobre o autor:







Recordade que podedes seguir participando na actividade "Unha cita en galego", proposta para todo este mes de maio con motivo desta celebración.

É o momento de desconfinar a nosa lingua!


FELIZ DÍA!

Comentarios