ESCAPE ROOM

As bibliotecas escolares, a nosa entre elas, celebraron o seu día o pasado 24 de outubro, programando actos específicos nos que lembrar as oportunidades que nos ofrecen. No cole este ano inauguramos a nova biblioteca, tendo en conta que a biblioteca escolar é, probablemente, a primeira que lles aprende. Queremos que sexa un lugar para a formación, a relación, a igualdade, a diversidade e a inclusión.

Para que o alumnado e profesorado coñeceran un pouco más este espazo, fixemos unha formación de usuarios a través dun Escape room, isto é, unha búsqueda do tesouro (porque tiñamos un gran cofre cun tesouro) a través da gamificación e o xogo.

Motivados por Ratiño e Ratiña, tiveron que pasar unha serie de probas, levando a cabo diferentes enigmas e retos relacionados co coñecemento dos espazos, a distribución dos fondos ou a resolución de xogos de mesa. O obxectivo final era atopar a chave que abría o gran cofre, no que atoparíamos o contrato que nos da acceso durante este curso á biblioteca.

MISIÓN CUMPLIDA!!










Comentarios