28.10.16

E POR FIN CHEGOU O SAMAÍN!

Coincidindo coa festa do samaín hoxe na escola Ratiño e Ratiña de biblioteca comunicaron a boa nova! Por fin, logo dun longo proceso de votacións e finalizados todos os recontos e a lectura das pistas que Ratiño e Ratiña de biblioteca foron deixando no colexio podemos anunciar que o Proxecto Documental Integrado deste curso terá como centro de interese os... XOGOS OLÍMPICOS!!!!! Ratiño e Ratiña vestíronse moi elegantes para a presentación do proxecto, aquí os tendes, guap@s, guap@s e do máis deportistas! Agora xa só queda que tod@s na escola iniciemos as nosas investigacións para aprender todo, todo, todo acerca dos Xogos Olímpicos.
Hoxe pasámolo de medo cantando "No Samaín" de Paco Nogueiras. Aquí queda o vídeo da canción en lingua de signos para que tod@s gocemos neste samaín.

Sem comentários: