MARÍA FUMAÇA

Ola a tod@s, Ratiño e Ratiña de biblioteca traen unha nova fantástica! O IBBY -a institución internacional máis importante no que a literatura infantil e xuvenil respecta- vén de incluír o libro-disco María Fumaça entre os dez títulos que seleccionou en España para a súa escolma "The World Through Picture Books".
Agora, a locomotora musical máis famosa de todos os tempos formará parte dunha mostra itinerante que percorrerá todo o mundo comezando por Francia, Xapón e os países escandinavos.
Parabéns á familia María Fumaça e en especial ao maquinista Ruí!
De seguro sabedes que dispoñemos de varios exemplares á vosa disposición na biblioteca así que non tendes escusa para gozar, cantar e bailar con: MARÍA FUMAÇA

Tamén podedes optar por XIQUI XOQUE FIU FIU, o segundo libro disco do grupo. No seguinte vídeo tendes unha mostra do seu contido.  
Tanto no primeiro como no segundo libro atoparedes a compañeir@s da escola. 
Recoñecedes a alguén?

Comentarios