16.12.09

O APALPADOR
Os nenos e nenas do colexio andan a descubrir a figura do "Apalpador", un personaxe que vive nas montañas do Coural e que no nadal baixa a apalpar a barriguiña dos rapaces para ver ser cearon ben e se están durmidos. Se esto é así, o apalpador déixalles unhas castañas e xoguetes.
Na biblioteca acabamos de recibir os libros "O Apalpador" da editorial Biblos e "Antón e O Apalpador" da editorial Barafunda. Son a nosa máis especial recomendación para este nadal que comeza.