28.12.09

CONTRATOS E MOCHILAS
Durante o primeiro trimestre o Ratiño e Ratiña de Biblioteca deixaron nas aulas cartas por sorpresa. Unha vez abertas descubrimos que como o ano pasado para ser usuarios/as da biblioteca do cole debiamos asinar un contrato.
Por suposto todos os nenos e nenas lectoras da escola asinaron sen dubidar, tendo moi en conta que se comprometían a cumprir as normas da biblioteca e coidar os materiais da mesma.
Tamén deixaron as mochilas viaxeiras, que visitaran as casas dos nenos e nenas do cole. Dentro levan libros de temáticas moi diferentes, música, películas, xogos para o ordenador...
Cada mochila ten un tríptico explicando o contido, un carné e unha libreta para que os membros da familia anoten as súas conclusións ao remate da estancia en casa da mochila.
Aquí tendes algunha as fotos de varias das aulas onde chegaron os contratos e as mochilas.