8.6.09

O baúl dos contos...



...deixou unha sorpresa...!

O libro "O incrible neno devorador de libros" escrito por Oliver Jeffers e editado por patasdepeixe cóntanos unha historia sorprendente...Ao neno Henry encantábanlle os libros, pero no como a calqueira ratiño ou ratiña de biblioteca, a el... encantáballe... COMELOS!

O libro paseou polo colexio de aula en aula e os nenos e nenas (que tamén acostuman a devorar libros) do primeiro ciclo fixeron un mural que colgamos na biblioteca cos debuxos que fixeron inspirados pola súa lectura.