Canta emoción...

Desde o equipo de biblioteca queremos destacar o impresionante traballo que leva a cabo a responsable do equipo de Normalización Lingüística do noso centro. Xa estabamos acostumados aos seus traballos na Semana Cultural de Maio, pero este ano...este ano a emoción podía sentirse mentras visionabamos á montaxe na honra de Ramón Piñeiro...canta sensibilidade neste vídeo, no teatro,no conto viaxeiro, no díptico sobre o homenaxeado, nos diálogos dos presentadores...
Moitas grazas, Ángeles por que hoxe realmente o colexio foi unha festa das letras galegas.
Desde este blog non nos cansamos de recomendar que visitedes o blog de normalización por que a nosa cordinadora está a facer un traballo realmente impresionante.

Comentarios

Moitísimas grazas, querida Yolanda; pero penso que o que eu fago non é nada comparado co traballo que ti estás a desenvolver día a día na nosa biblioteca. Non creo que haxa biblioteca máis dinámica, atractiva e tamén, como non, emocionante ca esta. Se o meu traballo é impresionante o teu é inconmensurable en cantidade e calidade.
Moitísimas grazas, querida Yolanda; pero penso que o que eu fago non é nada comparado co traballo que ti estás a desenvolver, día a día, na nosa biblioteca. Non creo que haxa biblioteca máis dinámica, atractiva e tamén, como non, emocionante ca esta. Se o meu traballo é impresionante, o teu é inconmensurable en cantidade e calidade.