8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A realidade da discriminación das mulleres e das nenas no mundo obríganos a seguir reivindicando, non xa o día 8 de marzo, senón os 365 días do ano a igualdade entre homes e mulleres.

Mentres as mulleres sigan cobrando menos por igual traballo, cargando co traballo no fogar, sendo obxecto de violencia machista, ocupando un número de postos directivos mínimo....sobrarán razóns para seguir celebrando esta xornada.



Empregamos para ilustrar esta entrada o cartel realizado por Bea (IES Río Cabe, Monforte) a quen, como en ocasións anteriores felicitamos polo seu fantástico traballo.
FELIZ E REIVINDICATIVO 8 DE MARZO!


Comentarios

Anónimo dixo…
Esta fotografia e moi significativa pero tamen hai que saber que non so teñen que trab allar so as mulleres.



Sharay,Paula e Mirian.