AS PALABRAS REGALADAS...

"AS PALABRAS REGALADAS" así chamaron no Equipo de Normalización a un libro que iniciamos no outono pasado e que hoxe tivo o seu froito. Un libro que pasará a ser fondo da nosa biblioteca e que está composto por todas as palabras que foron regaladas no curso pasado relacionadas co outono.

A Fada das Palabras Regaladas fixo de presentadora e ademais de ver a preciosa montaxe de vídeo que preparou a profe Ángeles tamén limos en voz alta as palabras, unha por unha. E como non, co que nos gusta cantar no noso cole...pois non podía faltar a música: Corre corre, cabaciña foi a peza escollida (limos o libro o curso pasado e encantounos a historia) , gustounos tanto a canción que a cantamos dúas veces mentres seguíamos a letra no vídeo-karaoke.

Comentarios