20.11.08

20 DE NOVEMBRO DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Día Mundial da Infancia e desde a biblioteca empeñámonos en que os nenos e nenas coñezan os seus dereitos, por que a infancia tamén ten dereitos!. Para comprobar se os coñecedes ben, premede no seguinte enlace e comprobade en forma de xogo os vosos coñecementos sobre os mesmos: XOGOS DEREITOS DA INFANCIA
Lembrade que na biblioteca habilitamos unha seción cos materiais referidos aos dereitos da infancia que están á vosa disposición.
Observade o seguinte vídeo onde queda reflexado o dereito a participar dos nenos e nenas.
Porque nenas e nenos tendes moito que dicir.

video