28.10.08

MOCHILA VIAXEIRA PARA O 3º CICLO

Neste mes de outubro, adicado ás bibliotecas, non paran de chegar sorpresas. No aula de 6º de primaria ratiño e ratiña deixaron unha mochila chea de libros,cds,dvds e cd-rom para compartir coas familias.
Nas mochilas tamén vai un folleto explicativo co contido das mesmas e unha libreta para que as familias fagan as súas anotacións.
O prazo para ter a mochila na casa é de dez días, pasado ese tempo hai que devolvela e se entrega ao seguinte na lista. Neste caso ratiño mandou empezar polo final e nós fixemos como mandou.

Na foto podedes ver, aínda que non o pareza, a Rogelio de sexto de primaria sinalando orgulloso a mochila. El é o primeiro en levala por ser o último da lista.