15.9.08

COMEZA UN NOVO CURSO

Pois aquí estamos outra vez, inaugurando o curso escolar 2008/2009 e desexándovos que este sexa de verdade un ano moi especial.
O Equipo de Bibioteca ten preparadas moitas actividades e contamos con todos os ratiños e ratiñas da escola para levalas a cabo. Estas actividades están recollidas dentro do proxecto da biblioteca titulado "Ler as emocións, emocionarse ao ler". Podedes ler o texto completo do proxecto visitando a páxina web da biblioteca no seguinte enderezo:
Hai uns días recibimos a nova de que seguíamos incluidos dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) promovido pola Xunta de Galicia e que neste curso que comeza contaremos cunha axuda económica de 6.200 € para adquirir novos fondos, material informático e mobiliario.
Toda a comunidade educativa do CEIP Mestre Martínez Alonso pode felicitarse, entre todos e todas estamos dinamizando a biblioteca escolar e contribuimos a crear nenos e nenas que gocen co pracer da lectura.
Tende pois un feliz curso cheo de emocionantes lecturas.