17.9.08

RATIÑO E RATIÑA FORON DE VACACIÓNS E LERON UN MONTÓN

Levabamos moito tempo sen saber nada do noso ratiño e da nosa ratiña de biblioteca, pasou o veran sen ter novas acerca deles. Tiñamos moitas dúbidas...Como pasan os ratiños e ratiñas de biblioteca as súas vacacións de verán?
Pois aquí tendes a resposta, ratiño e ratiña de biblioteca enviáronnos un vídeo e... non o ides crer, pero os nosos ratiños foron á praia! Xogaron coa area, fixeron un castelo, leron os contos que levaban na súa mochila...Estes ratiños si que saben pasalo ben!

video