SEMANA CULTURAL

Este venres temos un día moi interesante,despois da visita do ilustrador Abraham Carreiro,da escritora Fina Casalderrey,do cine en galego e da webquest de Xosé María Álvarez Blázquez,o Equipo de Normalización Lingüística entrega os premios do Certame Literario deste curso.



Aquí están os nenos e nenas de 2º resolvendo a Webquest sobre o homenaxeado das Letras Galegas 2008


Pero aínda queda moito mes de maio:o baúl dos contos,Carapuchiña Vermella e os xogos informáticos farán que o pasemos fenomenal na nosa BIBLIOTECA.

Comentarios