5.5.08

MAIO,MES DAS LETRAS

Rematou abril, un mes de intensa actividade na biblioteca,e comeza Maio.Como en anos anteriores a biblioteca participará activamente nas actividades programadas para a Semana Cultural do colexio:
  • Charla con escritores e ilustradores.
  • II Edición de Cine en Galego.
  • Carapuchiña Vermella.
  • Xogos en soporte informático.
  • Webquest de Xosé María Álvarez Blázquez.
  • Máis sorpresas no Baúl dos Contos.

Como podedes ver agárdanos un mes cheo de actividade.

Se premes na foto do homenaxeado das Letras Galegas deste ano 2008 poderás visitar o Blog de Normalización Lingüística da escola.Alí atoparás moita información sobre este autor e ademais poderás ler algunha das súas poesías.


FELIZ MES DAS LETRAS!