11.3.08

CARTA DO RATO DE BIBLIOTECA...

O Rato de Biblioteca fixo de novo das súas,este luns deixou unha carta nalgunhas clases cunha adiviña que había que resolver.Como premio á solución había unha sorpresa para nós na biblioteca.Un montón de paquetes de regalo.
Dentro de cada paquete estaban os libros de lecturas colectivas para este curso.

A verdade é que foi unha verdadeira sorpresa!
Quedáronnos moitas ganas de que volva o Rato de Biblioteca e nos de outra sorpresa das súas.