12.3.08

NOVOS BLOGS NO COLE

Se vos fixades na columna da esquerda,no apartado dos BLOGS DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO, darédevos conta que aparecen dúas bitácoras novas:
  • BLOG DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Aquí atoparedes información sobre os aspectos do área de coñecemento do medio. Plantas,animais e outros temas propios do coñecemento deixarán de ter segredos para os ratiños e ratiñas de esta escola,con moita fame de coñecementos novos.Tamén podedes ler traballos realizados por ratiños e ratiñas moi traballadores do noso colexio.

  • BLOG DE MÚSICA: Neste blog atoparedes un montón de vídeos para pasalo ben escoitando,cantando e bailando.

¡Moita sorte para estes dous novos blogs que comezan a súa andaina e que todos e todas gocemos moito con eles!