8M E SEMANA DA PRENSA: PLUMAS AMARELAS

O pasado 8 de marzo non foi un día de celebración, senón de loita e reivindicación pola igualdade. No noso centro, conmemoramos esta data cunha programación especial, coincidindo, ademais, coa Semana da Prensa. Este ano tivemos a honra de contar coa actriz e presentadora Cristina Maró como invitada de honra, considerada para nós unha muller <<pluma amarela>>, presentada así polo noso Club de Convivencia Igualitaria . A súa presenza serviu como inspiración para as diferentes actividades desenvolvidas para ambas conmemoracións, pois a traxectoria profesional da nosa convidada serviulles como referencia para reflexionar sobre o papel da muller no ámbito mediático e audiovisual. Ademais, ao longo da xornada, abordamos as desigualdades que seguen a afectar ás mulleres e a necesidade de seguir traballando polo ODS 5: Igualdade de Xénero . Relacionamos tamén esta loita co ODS 2: Fame Cero , porque sabemos que a igualdade pasa por garantir dereitos básicos para todas as pers...