DÍA MUNDIAL DA RADIO
Co gallo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro) , na Biblioteca Escolar queremos celebrar a forza da palabra, da comunicación e das historias que viaxan a través das ondas. E temos unha gran noticia… O vindeiro 27 de febreiro inauguraremos oficialmente a nosa Radio Escolar , un espazo de expresión, aprendizaxe e participación para o alumnado. Para ir abrindo boca, o Club de Podcast publicou un episodio no que explican que se celebra este día e avanzan as novidades que están por chegar. Porque a radio non é só un medio de comunicación: é unha ferramenta educativa que fomenta a competencia lingüística, a alfabetización mediática (ALFIN), o pensamento crítico e o traballo colaborativo. A xornada de inauguración contará cunha convidada moi especial , que acompañará ao noso alumnado neste momento tan significativo. Haberá sesión de mentoría, gravación dunha entrevista… e algunha sorpresa máis. A radio está lista. Os micrófonos, preparados. E vos, seguide atentas e atentos…...