Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Imaxe
 Co gallo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro) , na Biblioteca Escolar queremos celebrar a forza da palabra, da comunicación e das historias que viaxan a través das ondas. E temos unha gran noticia… O vindeiro 27 de febreiro inauguraremos oficialmente a nosa Radio Escolar , un espazo de expresión, aprendizaxe e participación para o alumnado. Para ir abrindo boca, o Club de Podcast  publicou un episodio no que explican que se celebra este día e avanzan as novidades que están por chegar. Porque a radio non é só un medio de comunicación: é unha ferramenta educativa que fomenta a competencia lingüística, a alfabetización mediática (ALFIN), o pensamento crítico e o traballo colaborativo. A xornada de inauguración contará cunha convidada moi especial , que acompañará ao noso alumnado neste momento tan significativo. Haberá sesión de mentoría, gravación dunha entrevista… e algunha sorpresa máis. A radio está lista. Os micrófonos, preparados. E vos, seguide atentas e atentos…...

NOVIDADES 2026

Imaxe
 A biblioteca segue medrando! Presentamos algunhas das novidades incorporadas este 2026 , pensadas para seguir alimentando a curiosidade, a imaxinación e o gusto pola lectura do noso alumnado. Ademais, con motivo destas datas, preparamos unha pequena selección de libros de Entroido  para mergullarnos tamén desde a lectura nesta celebración tan nosa. Porque cada novo libro é unha porta que se abre… e na biblioteca sempre hai unha agardando por ti.

30 DE XANEIRO: PALABRAS QUE CONSTRÚEN PAZ

Imaxe
Con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP) , a Biblioteca Escolar quixo sumarse activamente a esta data tan significativa converténdose, unha vez máis, nun espazo de reflexión e encontro. Durante a semana, púxose a disposición da comunidade educativa unha exposición de fondos bibliográficos relacionados coa paz, a convivencia, a resolución pacífica de conflitos e o respecto á diversidade , entendendo a lectura como ferramenta fundamental para educar na empatía e no pensamento crítico (ALFIN). Porque aprender a vivir en paz tamén se constrúe entre páxinas. Ademais, colaborando co  Equipo de Convivencia e Benestar do centro , desenvolveuse un acto conxunto no que o alumnado do Club de Convivencia Igualitaria explicou o significado desta data e lembrou que a paz é unha tarefa diaria que se constrúe con palabras, actitudes e decisións conscientes. O acto culminou cun desfile polo centro , no que cada aula amosou carteis con lemas a prol da paz, cone...

MICRORRELATOS DE SAMÁIN: DO PAPEL Á VOZ

O Samaín deixou tras de si historias que arrepiaron, palabras cheas de misterio e moito talento creativo. Tras a proposta “Microrrelatos de Medo” , xa podemos compartir o resultado final dun traballo colectivo no que participou alumnado, familias e profesorado do centro. Así, xa está dispoñible o noso Podcast de Medo , un episodio especial no que o Club de Podcast e alumnado do centro dan voz aos microrrelatos de Samaín escritos pola comunidade escolar. Relatos breves, intensos e inquietantes que cobran vida a través da lectura en voz alta. Ademais, todos os microrrelatos foron recompilados nun libro en formato físico , que xa forma parte dos fondos da biblioteca. Unha oportunidade perfecta para volver ás historias, reler con calma e deixarse envolver polo ambiente do Samaín sempre que apeteza. Animámosvos a escoitar o podcast e a achegarvos á biblioteca para descubrir o libro.  Porque o  medo… tamén se le.