Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Imaxe
Queremos achegar unha selección de recomendacións de Nadal formada por fondos propios da biblioteca, tanto bibliográficos como lúdicos , pensados para acompañar o tempo de lecer destas festas. Libros para todas as idades, álbums ilustrados, narrativas para primeiros lectores, lecturas para compartir en familia e tamén xogos de mesa educativos que fomentan a cooperación, a creatividade, o pensamento crítico e a comunicación. Propostas que poden servir como inspiración á hora de adquirir ou agasaiar  nestas datas tan especiais. Como dicía Gianni Rodari , “ler é un xogo que se aprende xogando” , e o Nadal é un momento privilexiado para descubrir historias e seguir medrando a través dos libros e dos xogos. Ratiño e Ratiña aproveitan para desexarvos un BO NADAL! Vémonos á volta con novas lecturas, novos xogos e moitas máis historias por descubrir.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: "TECENDO INCLUSIÓN"

Imaxe
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade , o 3 de decembro, a Biblioteca sumouse á conmemoración cunha exposición temática que recolleu unha selección de títulos centrados na diversidade, a inclusión, a empatía, a convivencia e o respecto polas diferenzas individuais. Un espazo pensado para achegar ao alumnado historias e voces que nos axudan a comprender que todas as persoas temos dereito a ser, sentir e participar plenamente na comunidade. Ademais, participamos nunha actividade moi especial promovida polo Concello de Mos a través de EVD Galicia : unha intervención artística colaborativa na que o alumnado de 5º de Primaria escribiu mensaxes en cintas de cores, tecendo palabras positivas que reivindican a diversidade como valor e como dereito fundamental. Así, as nosas alumnas e alumnos de 5º deixaron por escrito ideas como respecto, empatía, diversidade, amizade, cooperación ou dignidade , contribuíndo a unha obra colectiva co resto de centros do municipio qu...