TALLER DE CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

 O mes de Abril foi un mes cheo de oportunidades para o alumnado de gozar de diferentes formas da nosa biblioteca. Unha delas foi a través dun taller de  "Circuítos eléctricos con plastilina condutora" no Espazo Creativo. Esta actividade é unha forma de darlle continuidade ao aprendido polo alumnado no Ámbito Stecam no que experimentaron e formáronse sobre o E-Téxtil.

Por outra banda, tamén puideron comezar a xogar cos "Xogos de Mesa" elaborados polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no ámbito de Crealingua para a biblioteca. Entre estes xogos podemos atopar a "Oca Saudable", "Móvete con Nós" ou "Activa-Mente" e que teñen como tema común hábitos de vida saudable relacionados coa alimentación, deporte, hixiene e saúde mental, tendo en conta así o PDI do centro.  









Comentarios