LETRAS GALEGAS. "CANTAREIRAS. A POESÍA POPULAR"

 Opasado venres 16 de Maio celebramos no cole "O día das Letras galegas", adicado este ano ás Cantareiras. 

Por este motivo puidemos gozar no noso centro da actuación de Uxía Xenlle e o grupo As Malvela; unha formación moi querida e representativa da nosa contorna, rendendo así homenaxe ás mulleres que coa súa voz e memoria manteñen vivo o patrimonio oral da nosa terra.


As nosas mascotas da biblioteca "Ratiña e Ratiño" non faltaron a esta festa das letras e como non podía ser de outra forma, vestíronse para a ocasión.

Por suposto tamén o alumnado puido deleitarse coas Novidades e con fondos na Bibliopatio en galego.

Por outra banda, fíxose a presentación do libro "Cancioneiro do Pobo de Mos", no que se recopilan de forma escrita e en vídeo cantigas aportadas polas familias e aos que se pode acceder escaneando un código QR. Este libro vai a formar parte dos fondos da biblioteca para que poida ser empregado por todas as persoas usuarias. 

Comentarios