DÍA DAS ARTES GALEGAS
O 2 de abril celebramos o Día Das Artes Galegas , unha xornada para recoñecer e promover as nosas tradicións culturais e artísticas, e dende o centro, xa levabamos varios días traballando na previa desta conmemoración, que este ano está tan vinculada ao Día das Nosas Letras. Así, desde a biblioteca aproveitamos esta data para seguir traballando as competencias informacionais e dixitais. No Club de Podcast , tivemos o pracer de entrevistar a Marta Martínez Valladares , integrante do grupo As Lagharteiras e antiga mestra do noso centro. Marta compartiu con nós a súa paixón pola música galega e a súa defensa do folclore, ofrecendo unha lección valiosa sobre a importancia de preservar e difundir as nosas tradicións. A súa visita ao centro e a súa participación en #UnRatoNasOndas foi unha gran oportunidade para reflexionar sobre a música tradicional e as novas formas de aprender e compartir coñecemento. Grazas, Marta, por ensinar, inspirar e seguir deixando a túa marca ...