Este curso, o alumnado de sexto de primaria, acompañado pola mestra Yolanda, está a participar, cada venres na hora de ler, no club de lectura . A obra elixida é A evolución de Calpurnia Tate , da editorial Kalandraka, unha historia que combina a curiosidade científica coa importancia de romper barreiras sociais. Durante estas sesións semanais, o alumnado voluntario neste club comparte as súas impresións sobre os capítulos que van lendo, reflexionan en grupo sobre temas como o papel da muller, o amor pola natureza e o valor de ser unha mesma. O obxectivo deste club de lectura non é só desfrutar dunha boa historia, senón tamén fomentar habilidades como a comprensión lectora, o pensamento crítico e o traballo colaborativo. Ademais, a actividade converte as horas de ler nun espazo dinámico onde o alumnado aprende a expresar as súas ideas e a escoitar as dos demais. Desde a biblioteca seguiremos atentas para compartir as súas creacións e reflexións. Ler é unha aventura, e Calpurnia e...