O HERBARIO DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro festexamos o Día de Rosalía cun acto-homenaxe no momento da hora de ler, no que cada aula recitou unha estrofa e/ou poema da autora escollidos do libro “O herbario de Rosalía” en relación ao proxecto da Horta Escolar. 

Comezamos este acto cunha pequena presentación sobre Rosalía e posteriormente, cada aula fixo a súa declamación de forma personalizada: cantando, rapeando, acompañando de LSE, etc.

Tamén na biblioteca houbo unha pequena selección de contos adicados á mesma.

Compartimos unha presentación coas estrofas recitadas.



Comentarios