CHARLA ALGODÓN ORGÁNICO

 Na última semana de febreiro, no momento de hora de ler, o alumnado, agrupado de forma interciclo, recibiu unha charla da man do equipo da Horta Escolar, sobre o algodón orgánico e os seus impactos positivos no medio ambiente e na industria téxtil.

Destacouse a importancia deste cultivo na preservación do medio ambiente, subliñando a redución significativa de produtos químicos e pesticidas en comparación cos métodos convencionais de cultivo de algodón.

Tamén falouse da relación do algodón coa moda e o alumnado de máis idade calculou a cantidade de auga gastada para poder vestirse nese momento, é dicir, a súa pegada hídrica.

A charla concluíu cunha reflexión profunda sobre a responsabilidade compartida que todos temos na protección do noso entorno e cada aula obtivo unhas sementes desta planta para plantar e cultivar na nosa horta.

Así, esta actividade foi máis que unha charla; foi un paso firme cara á creación dunha comunidade máis consciente e comprometida coa preservación do noso fogar compartido: a Terra.





Comentarios