DENIP: CHOIVA DE PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DENIP, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xornada fundada polo poeta e pacifista Llorenç Vidal como punto de partida para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente. 

A razón da escolla desta data foi que nese día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e que foi asesinado por defender estas ideas.

Na actualidade, lamentablemente, seguimos sendo testigos dunha cantidade inxente de guerras e conflitos ao longo de todo o mundo. Na maioría deles a auga é, ben unha causa do mesmo, ou unha arma coa que castigar a poboación máis vulnerable. 

Miles de persoas, entre eles moita cativada, non teñen acceso a auga potable, o que favorece a aparición de enfermidades, dificulta as labores dos sanitarios nos hospitais e crea, en definitiva, situacións de morte e desesperación.

Dentro deses conflitos hai persoas e organizacións altruístas que loitan incansablemente para que se respecten os dereitos humanos e para que todas as persoas teñan acceso a alimento e auga potable.

Así, nesta data, queremos amosar o noso rexeitamento a toda forma de violencia e brindar o noso apoio a todas esas persoas que loitan por un mundo mellor en lugares tan difíciles como Gaza, Ucrania, Sudán.... 

Asemade tamén hay un compromiso pola nosa parte de non malgastar a auga e valorala como un ben único e imprescindible para a vida. 

Lembremos que a auga e a paz están relacionadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), xa que o Nº16 "PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS, non se pode lograr se non se avanza no obxectivo Nº6 "AUGA LIMPA E SANEAMENTO".


Por todo isto para o DENIP realizamos unhas actividades coas cales descubrimos a relación entre a paz e a auga.

  1. Baixo o lema CHOIVA DE PAZ, introducimos na aula a relación existente entre paz e auga, a través dunhas preguntas que potencian o pensamento crítico:

En que cidades ou países existe conflito pola auga?

A escasez ou falta de auga pode xerar conflito na población? 

Que é máis importante, levar unha piscina ou regar un horto? Limpar o coche ou lavar os pratos?.

Que medios de transporte se desprazan por mar? 

Como isto axuda ao entorno e como o perxudica? 

O acceso á auga é igual en todas as partes do mundo?

2.    Unha vez reflexionado sobre o tema, o alumado de forma individual, decourou e cortou a súa PINGA para facer unha exposición común no centro, xunto a un gran mapa mundi no que se poden ver imaxes que representan a falta de auga en moitos países.

3. Finalmente o propio 30 de xaneiro, o alumnado de sexto, no momento de hora d eler do centro, fixo unha exposición e reflexión global da actividade.










Ademáis, na a biblioteca realizouse unha pequena exposición de bibliografía complementaria a esta conmemoración.




Comentarios