O día 30 de xaneiro celebramos o DENIP , Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xornada fundada polo poeta e pacifista Llorenç Vidal como punto de partida para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente. A razón da escolla desta data foi que nese día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e que foi asesinado por defender estas ideas. Na actualidade, lamentablemente, seguimos sendo testigos dunha cantidade inxente de guerras e conflitos ao longo de todo o mundo. Na maioría deles a auga é, ben unha causa do mesmo, ou unha arma coa que castigar a poboación máis vulnerable. Miles de persoas, entre eles moita cativada, non teñen acceso a auga potable, o que favorece a aparición de enfermidades, dificulta as labores dos sanitarios nos hospitais e crea, en definitiva...