APERTURA DA BIBLIO: PRESENTACIÓN DO LIBRO "MARIPOSAS EN EL ESTÓMAGO, PÁJAROS EN LA CABEZA Y HORMIGAS EN LOS PIES"

 O pasado 23 de outubro inauguramos un curso máis a nosa biblio e fixémolo ao grande, coa presentación do libro: “Mariposas en el estómago, pájaros en la cabeza y hormigas en los pies”, escrito e editado pola mestra Elvira e ilustrado polo artista mexicano Fher Ferrer Viramontes.



Achegamos o libro a todo o alumnado a través da rutina de pensamento: vexo, penso, pregúntome.

O alumnado de Educación Infantil reflexionou a partires desta dinámica sobre o mundo da ilustración, indagando acerca das diferentes perspectivas que atopamos nunha manifestación artística, en base ás ilustracións do propio autor que aparecen no libro.



O alumnado do primeiro ciclo, ademáis disto, traballou os concenptos da creatividade e a imaxinación á hora de expresarse a través das palabras ou das imaxes.

No segundo ciclo, adentrámonos máis no eido das letras e analizamos diferentes ditos populares e frases feitas que teñen coma protagonistas aos gatos, para comprender con máis profundidade un dos capítulos do libro. Tamén falamos de adultocentrismo, e do fácil que é ver o machismo ou o racismo, pero o difícil que resulta ver cando a sociedade discrimina ás máis cativas e cativos.

Por último, no terceiro ciclo adentrámonos no mundo do emprendemento, explicando dende a historia da propia mestra Elvira, como é sacar adiante un proxecto editorial, as fases que ten, os desafíos e barreiras que podemos atopar, etc.


Antes de rematar, cantamos a canción: “Mira dentro” de Maldita Nerea. Deste xeito, cantámoslles aos nosos interiores para sacar de dentro para fóra, toda a nosa creatividade e o noso mundo interior. 

Porque todos os nenos e as nenas merecen ser comprendidos e comprendidas, e escoitados e escoitadas. 

Todos e todas merecen contar a súa historia, e a nosa biblioteca sempre será ese lugar seguro onde todxs poidan facelo.

 



Comentarios