Chega outubro e con él a inauguración un curso máis da nosa biblio! Neste tempo, Ratiño e Ratiña e mais o Equipo de Apoio á Biblioteca estiveron organizando todos os materias e espazos, os horarios na xornada lectiva para as aulas, as novas incorporacións ao equipo de voluntariado na bilio, así como creando os carnés para o novo alumnado/profesorado, entre outras moitas cousiñas. Pero xa estamos a piques de comezar unha nova andaina. Apuntade ben porque o vindeiro luns 23 , temos unha cita moi especial na biblioteca. Dalle ao play e verás un adianto do que nos agarda ese día... A partir desa data, as portas da biblio estarán abertas tanto en horario lectivo como en horario extraescolar. Neste curso, ademais das sesións asignadas para cada aula de visita á biblioteca, abrimos nos recreos dos luns (para 1º e 2º de EP), os mércores (para 3º e 4º de EP) e os venres (para 5º e 6º de EP). Para un mellor funcionamento, deixamos un pequeno recordatorio das normas da biblio , ...