CONTO VIAXEIRO

 Ao longo deste curso, todas as aulas estivemos traballando conxuntamente na realización do conto viaxeiro, unha das actividades máis emocionantes que levamos realizando varios cursos.

E... ¿que é un conto viaxeiro? É un proxecto colaborativo no que o alumnado (neste caso cada aula do cole) contribúe coa súa propia parte á historia. A medida que o conto se desenvolve, os protagonistas embarcan nunha viaxe que nos leva a diferentes lugares e acontecementos.

Pero, ¿por que é tan importante levar a cabo esta actividade? Aquí van algunhas razóns:

  1. Fomenta a creatividade: Participar nun conto viaxeiro dá as ás á nosa imaxinación, axudándonos a desenvolver a nosa capacidade de pensar.
  2. Mellora a escritura e a lectura: Ao escribir a cadansúa parte do conto, o alumnado mellora a súa habilidade para redactar e expresarse oral e por escrito. Ademais, á medida que leen as contribucións dos e das compañeiras, amplían o  vocabulario e a comprensión lectora.
  3. Conecta coñecementos: Cada quen pode compartir o seu coñecemento sobre diferentes lugares e culturas co resto do grupo. Isto fai que o conto viaxeiro sexa unha oportunidade única para aprender máis sobre o mundo e apreciar a diversidade que o rodea.
  4. Fomenta a colaboración e a comunicación: Traballar en equipo é fundamental nesta tarefa, pois debemos coordinarse cos demais para manter a continuidade da historia. Isto fomenta a comunicación, o respecto polas ideas dos demais e a importancia de traballar xuntxs para acadar un obxectivo común.
  5. Crea un espírito de comunidade: O conto viaxeiro únenos nunha experiencia compartida. Cada persoa é importante para a historia e todos se senten parte dun equipo. Isto crea unha atmosfera de compañeirismo e fortalece os vínculos e as relacións.

Polo tanto, realizando este conto viaxeiro estamos a crear unha experiencia enriquecedora que vai máis alá das aulas. Estamos a descubrir o mundo, a aprender uns dos outros e a construír lazos que nos acompañarán ao longo da nosa etapa.

Este curso este conto iniciabase así (en relación co PDI de centro) e a medida que foi pasando polas aulas a historia foi dando os seus xiros mudando cada vez o seu sentido.


O resultado final deste traballo colectivo verase o próximo curso, no cal seguirá dando moito de sí, xa que traballaremos en facer desta historia unha historia inclusiva, unha historia accesible a calquer lector/a.

Noraboa polo traballo!






Comentarios