8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional da Muller 2022, reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres.
Durante este mes, colaboramos co Equipo de Convivencia e levamos a cabo unha serie de actividades para a concienciación na loita feminista:
- O propio 8 de marzo, fixemos un parón das clases lectivas, para escoitar un manifesto a través do fío musical. Trátase do escrito que levou alumnado de 6º B ao pleno do Concello no pasado día 25 no Pazo de Mos, representando o noso sentir. Neste video pódese ver o manifesto. https://www.youtube.com/watch?v=tVZDBBx_AE
- Ademais, neste mesmo día, fixemos o visionado deste video a través dun código QR achegado ás aulas, no cal se presenta e xustifica a actividade que se realiza ao longo do mes: a II Edición do Club de lectura Fem, baixo o lema: "Pés, para que vos quero, se teño LIBROS para voar", versionando a cita dunha coñecida feminista, traballando nas aulas nas horas de ler a partir de libros e contos que fomentan as historias onde as nenas son as protagonistas, buscando modelos con quen sentirse identificadas (clubs de lectura, contacontos, lectura compartida, lectura individual...). Tras as lecturas, debatimos e argumentamos sobre a figura da muller e a nena nos contos, nos libros e na sociedade.
Comentarios