O pasado 28 e 31 de maio todas as aulas recibimos a visita de Eva, voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos", quen nos contou moitas cousas sobre esta asociación e a súa importante labor, que non é outra que rescatar, rehabilitar, coidar e buscar unha adopción responsable para todos os animais que van parar ao refuxio, como foi o caso de "Chino" , o seu can. Ensinounos a súa equipada mochila, con todos os accesorios importantes para o coidado deste animal, así como o aparello necesario en caso de perda ou extravío, para poder localizalo. Tamén contounos "A historia de Parche" , un emotivo conto para todos os públicos que relata a historia deste can, un novo podenco que busca algo que descoñece por completo... a felicidade. Pero esta historia ben podería ser a de calquera dos que están no refuxio, axudando así a crear conciencia no noso alumnado e invitando a reflexión e a o debate. MOITAS GRAZAS EVA pola túa entrega e pola túa contribución ...