SERVIZO DE PRÉSTAMO DE RECURSOS ÁS FAMILIAS

Este curso, e dada a situación e as restricións coas que contamos, de momento a nosa biblioteca permanecerá pechada en horario extraescolar, ata que a situación se resolva, pero dende o centro queremos fomentar o uso da mesma para poder seguir gozando dela. 

Así, ademáis doutras actividades de dinamización e colaboración que iremos publicando, ofrecémosvos o SERVIZO DE PRÉSTAMO a través de peticións previas mediante o noso enderezo electrónico: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com. 

Premando na imaxe que figura a continuación, podedes consultar o listado dos fondos dispoñibles para adultos e que poden ser do voso interese, os cales iremos ampliando conforme vaiamos obtendo novas adquisicións. Este enlace quedará recollido na barra lateral deste blog.



Comentarios