RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN E DESPEDIDA FINAL

A piques de rematar o curso deste xeito tan pouco habitual, polas nosas xanelas xa se asoma o verán, o cal intentaremos aproveitar e desfrutar. Para iso, queremos compartir con vós unhas recomendacións para compartir este tempo de lecer con lecturas, xogos, música... Agardamos que vos gusten, e recordade mercar nas librerías e comercios máis próximos. Polo momento, á biblioteca pecha as súas portas coa ilusión de abrilas á volta e volver ver e sentir moita vida nela. Moitas grazas a todo o equipo de voluntarixs polo seu esforzo e implicación; aos mestres/as, alumnxs e familias polas vosas lecturas, investigacións e aventuras e a todo o Equipo de Biblioteca polo seu gran traballo e colaboración. Bicos e apertas virtuais! FELIZ VERÁN Ratiño e Ratiña. RECOMENDACIÓNS VERÁN 2019-2020