#EuLeoNaCasa
Este mes de abril ven cargadiño de celebracións!. Hoxe 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a semana do 20-24 de abril conmemórase polo calendario escolar a Semana do Libro.
E non coñecemos un lugar mellor para celebralo que a nosa biblioteca, nin mellores personaxes que todos vós, os que día a día formades parte do cole, nenxs, familias e profes!
Así que, o que vos recomendamos facer neste mes para celebralo é... LER!!
Ademáis, animámosvos a participar nunha actividade durante este mes (plazo ata o 30 de abril):
Consiste en facer unha recomendación lectora en formato video dun conto ou libro que recomendedes (pode ser un que teñades na casa ou que lérades e vos gustou tanto tanto como para recomendalo), especificando o título e a vosa xustificación de recomendación. Despois enviades o video ao correo da biblio bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com, e nós encargarémonos de facer unha montaxe para publicala posteriormente e compartir coa comunidade educativa.
Así... animarase alguén a ler o teu libro?
AGARDAMOS AS VOSAS RECOMENDACIÓNS!!
Ofrecemos tamén algúns recursos de interese para nenxs (e non tan nenxs) por si vos apetece ler ou ver outros libros e contos.
KALANDRAKA TV. Canal de TV dixital de literatura infantil e xuvenil.
Contos OQO Editora.
Contos en pixama
Contos con pictogramas
Plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato dixital, gratuito. Só hai que rexistrase.
Contos que trata sobre o Coronavirus
Permite descargar gratis 3 dos seus libros: Leotolda, En familia, Pájaro Amarillo.
Cada ano, encoméndase a unha nación a realización dun cartel e unha mensaxe para conmemorar o día de hoxe, que logo se traduce a todas as linguas presentes na organización. Este ano 2020 foi Eslovenia o país que realizou o cartel empregando o texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic.
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro"
Emily Dickinson
Comentarios